prensa

A Xunta colabora coa AIPF para recuperar a zona

03/08/2010

A Xunta colaborará coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF) para «facilitar a recuperación industrial e o desenvolvemento económico e social das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal». Así, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Goberno galego aportará 40.000 euros a esta entidade para abordar os gastos destinados a tal fin.

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou onte un convenio de colaboración cos representantes da AIPF nun acto no que tamén estivo presente o titular do departamento autonómico de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que é o coordinador do Plan Ferrol.

Este programa ten como obxectivo «desenvolver unha serie de medidas que permitan a superación da crise do sector naval e que garantan a mellora das infraestruturas, a reindustrialización das comarcas, reduzan os niveis de temporalidade na relación laboral xerando emprego estable e de calidade, e favorezan a cohesión social».

Segundo recolle o convenio, Xunta e AIPF celebrarán periódicamente reunións nas que compartirán as experiencias e resultados das medidas de apoio e incentivos económicos imprantados na comarca.

O Igape, pola súa banda, informará das liñas de axudas propias e de outros departamentos da Xunta.

Enlace relacionado

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: