noticia

Ábrese o prazo de inscrición para o inicio da segunda rolda de cursos de prevención do Plan Ferrol

30/09/2010

Arranca a segunda rolda de cursos de prevención de riscos laborais que beneficiará a un total de 150 persoas desempregadas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. O primeiro dos cursos da comezo hoxe 13 de outubro no Centro de Investigacións e Servicios (CIS) de A Cabana s/n. O segundo dos cursos da comezo o 8 de novembro e nestes momentos, está aberto o prazo de inscrición.

As xornadas formativas impartiranse de maneira mixta, entre a modalidade presencial e online. Así, 20 horas corresponderán á modalidade presencial, sendo as titorías os días 8, 9, 10 y 11 de novembro e o resto serán online. Deste xeito, os alumnos cun ordenador accederán ao curso mediante unha clave que se lles facilitará ao comezo do mesmo.

Para apuntarse, os alumnos deberán achegarse ás oficinas da UPD da Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF) situadas no CIS de A Cabana, ou ben, chamar por teléfono ao 981 33 71 22 e se lles facilitará toda a información necesaria sobre o curso. Nestes momentos, a UPD está a chamar aos que se apuntaron e quedaron fóra da convocatoria anterior o pasado mes de maio

Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: