convenio
Promoción Tecido Empresarial 2010
29/07/2010

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) vén de asinar un Convenio de Colaboración coa Deputación da Coruña denominado "Promoción do tecido empresarial 2010", grazas ao cal se traballará na edición de publicacións, organización de conferencias e xornadas, actividades formativas, realización de estudos, fomento e publicidade da corte arbitral, etc … O acto, celebrado o Xoves 29 de Xullo, levouse a cabo na sede da Confederación (Cantón de Molíns 8-9, Entrechán), onde asistiron, polo organismo provincial, o seu Vicepresidente, D. Pablo Villamar, e por COFER, o Presidente, D. José Rilo, así como os membros do seu Comité Executivo.
Descargar
