prensa
Xunta de Galicia
Raquel Arias destaca o impulso ofrecido polo actual Executivo para impulsar ás Pemes e aos emprendedores, “unha das chaves para a recuperación económica”
21/12/2011
A delegada territorial da Xunta clausurou hoxe a xornada sobre alternativas financieiras para as pemes, que reuniu no Pazo de Feiras de Lugo a representantes do ámbito empresarial, bancario e de distintas administracións
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, clausurou hoxe a xornada sobre alternativas financieiras para as pemes que congregou en Lugo a 40 representantes do ámbito empresarial, bancario e de distintas administracións.
A máxima representante do Executivo galego destacou que, na situación económica actual, ante as dificultades das empresas para o financiamento tradicional, BIC Galicia e o Igape deben xogar un papel prioritario para difundir as novas alternativas de apoio económico para o sector empresarial.
Descargar

