prensa

"Todos compartimos o obxectivo de estar agrupados ao 100%" Cristóbal Dobarro, Secretario e voceiro de Cofer

29/10/2010

Cirstóbal Dobarro destaca a diversidade sectorial como un dos valores máis importantes da patronal das tres comarcas.

Como secretario e voceiro da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal, Cristóbal Dobarro considera que todas as asociacións que integran Cofer deben facer valer as súas opinións para chegar a unha posición consensuada da clase empresarial.

- ¿Qué tarefas desempeña a nivel organizativo?
- A miña función é dotar a nivel de organización o persoal e medios necesarios para poder cumprir as súas funcións. Hai que partir da base de que a confederación é unha agrupación de asociacións co cal represéntanse multitude de sectores que defenden diferentes intereses. Cumprir a nosa función ten que ver moito con saber representar esa variedade de intereses. Temos que coidar moito que as distintas sensibilidades que vexan representadas. HAi que pór a confederación ao servizo de todas as entidades que a integran para que cada unha estea representada.

- ¿Trátase de mediar?
- A confederación ten que ter unha posición propia, pero esa ten que ser refleso da maioría o u de todas as asociacións. O que está claro é que debe ser representativa do tecido empresarial.

- ¿Presenta moitas complicacións xestionar esa diversidade sectorial?
- O meu labor refírese máis a medios que a conseguir xuntar vontades porque adoita haber unanimidade na maioría das decisións que tomamos. Nesas ocasións, a confederación ten que moderar para que entre eses sectores se poida chegar á mellor solución posible.

- ¿En qué medida se avanzou nos últimos meses para acadar a tan ansiada unidade?
- O obxectivo da fusión era precisamente englobar unha mesma casa a todas as organizacións empresariais para que a opinión do sector fose a máis rica posible. Nese sentido, o proceso de fusión foi exemplar, a integración foi moi boa e todas participaron positivamente.

- Aínda que é certo que quedan algunhas organizacións fora
- Todos compartimos que o obxectivo é chegar a estar agrupados todos ao 100%, aínda que non sabemos se poderá ser posible porque a algúns non lles guste estar dentro dunha mesma organización. Pero formar parte disto non implica renunciar á personalidade de cada unha das asociacións. A confederación vertebra e representa os intereses de todos os empresarios para que a súa opinión poida ter un peso a nivel das institucións, de negociación colectiva ou de representatividade. O espírito de cooperación é necesario.

- Como portazos, ¿qué cuestións ocupan a primeira liña de actualidade?
- Intentamos estar presentes naquelas cuestións que afectan á comarca porque ao fin a confederación non ten que ser máis que un reflexo do día a día. TEngo en conta isto, estamos moi preocupados co decreto do carbón. Presidentamente hoxe, en colaboración co Porto, imos organizar unha mesa empresarial sobre este tema.

- ¿E o sector naval?
- Miramos con ilusión ás iniciativas empresariais das empresas que están nas Antípodas intentando emprender novas posibilidades de negocio e tamén a unha actividade que se vai celebrar próximamente en Ferrol, que vai ser un encontro da Camara de Comercio e da confederación organizado por unha asociación hispano australiana. Pero tamén estamos moi preocupados pola necesidade de carga de traballo a medio e longo prazo. O futuro paso por iso.

- ¿Temen que o panoramoa a curto prazo se complique?
- Os empresarios temos que saber diversificar e tamén ser optimistas para que os proxectos vaian adiante, pero non podemos esquecer que estamos a falar de sectores que teñen unha incidencia moi importante na nosa comarca.

Descargar archivo adjunto

Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: