noticia
XORNADA COFER: NOVIDADES NO RÉXIME DE AUTÓNOMOS
03/12/2010

Enmarcado no convenio de colaboración do programa “Promoción do tecido empresarial 2010” asinado coa Deputación provincial de A Coruña, COFER está organizando un ciclo de conferencias gratuitas dirixidas aos empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal coordinado polo grupo Proxectos.
A primeira delas, “NOVIDADES NO RÉXIME DE AUTÓNOMOS”, impartiuse o xoves 2 de decembro en horario de 19:30 a 22:00 horas, no Centro de Emprego do Concello de Ferrol (Rúa Sagrada Familia, 56- Ferrol).
Obxectivos:
Informar sobre os apartados fundamentais da Lei 32/2010 de 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cese da actividades dos/as traballadores/as autónomos que da resposta a unha reivindicación histórica deste colectivo.
Contidos:
A prestación por desemprego para os/as autónomos/as:
o Requisitos e incompatibilidades.
o Situación legal.
o Solicitude e acreditación.
o Duración e cuantía da prestación.
o Suspensión e extinción do dereito á protección.
o Cese da actividade e incapacidade temporal.
o Base de cotización e órgano xestor.
Descargar

