noticia

Xornada divulgación Capital Risco e Business Angels

07/10/2010

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal utilizando o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica desenvolve o proxecto “Innoinvest 1.0. Encontros Empresariais con investidores privados”. Este proxecto quere completar outra serie de vías de financiamento que en moitos casos non alcanzan aos novos proxectos empresariais, fundamentalmente na súa fase de inicio e desenvolvemento, e apoialos nun momento especialmente delicado para garantir o nacemento e a continuidade de empresas con potencial de crecemento.



O obxectivo principal é trasladar ás persoas participantes no proxecto os coñecementos básicos necesarios para formular un achegamento a un inversor, e abordar de maneira exitosa o financiamento dunha empresa a través dun inversor privado.



O proxecto vai dirixido ás persoas emprendedoras, intraemprendedoras e empresariado membro de COFER.



Durante os últimos anos, no noso país xurdiron un conxunto de ferramentas de capital, moi estendidas en países de tradición anglosaxona, e que presumiblemente se seguirán desenvolvendo nun futuro máis próximo. Estas son, entre outras, as redes de business Angels e o capital risco.



Estas formas de financiamento están especialmente destinadas aos proxectos empresariais que teñan previsións de beneficios relevantes a medio e longo prazo, xa que estes socios renuncian á recuperación periódica do seu capital e ao cobro dun interese a cambio de poder obter unha importante plusvalía coa venta das súas participación a medio e/ou longo prazo.



Esta actividade consta de tres fases de actuación:



- 1ª FASE: Xornada de presentación do proxecto ás persoas interesadas en participar.

- 2ª FASE: Asesoramento formativo individualizado mediante titorías presenciais, nas cales resolver as dúbidas relacionadas con cada proxecto empresarial de forma directa e individualizada.

- 3ª FASE: Encontros empresariais cos investidores privados. Cada promotor/a expoñerá o seu proxecto empresarial, modelo de negocio, previsións, etc. ante as sociedades de capital risco e Business Angels



O xoves día 7 de outubro ás 19:30 horas celébrase a Xornada de presentación do proxecto na sede da Confederación (Cantón de Molíns, 8-9, entrechán).

A apertura do acto a realizará o presidente de COFER, D. José Juan Rilo Dopico.




Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: