noticia
XORNADA "TURISMO: INNOVACIÓN E CREATIVIDADE"
17/12/2010

Dentro do ciclo de conferencias gratuitas dirixidas aos empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal, organizado por Cofer, coordinado polo grupo Proxectos e enmarcado no convenio de colaboración do programa “Promoción do tecido empresarial 2010” asinado coa Deputación provincial de A Coruña, onte impartiuse a terceira, “TURISMO: INNOVACIÓN E CREATIVIDADE”.
A citada conferencia tivo lugar no Centro de Emprego do Concello de Ferrol (Rúa Sagrada Familia, 56- Ferrol) en horario de 19:30 a 22:00 horas.
Obxectivos:
Fomentar unha cultura innovadora que busque a mellora a través da introducción de novos cambios con oportunidades de éxito nos mercados.
Contidos:
Ø Creación de novos productos turísticos.
Ø Importancia da creatividade e da innovación coma fonte de diferenciación.
Ø Especialización profesionalizada do produto.
Ø Estratexias de diferenciación, fidelización e innovación.
Ø Novas canles de comunicación
Descargar

