Legislacion

BOP

Aprobación definitiva ordenanzas fiscais 2012

28/12/2011

Por acordo plenario do día 27 de outubro de 2011 aprobouse, provisionalmente, a modificación das Ordenanzas Fiscais para o exercicio 2012.

Tralo período de exposición pública presentouse unha reclamación ás modificacións citadas no parágrafo anterior.

Na sesión plenaria do día 26/12/2011 resolveuse a alegación presentada, aprobando definitivamente a modificación das ordenanzas fiscais correspondentes ó citado exercicio.

Polo tanto a redacción definitiva das Ordenanzas fiscais correspondentes ó exercicio 2012 é como segue:

Ordenanza fiscal xeral

O artigo 13, queda redactado como segue:

“Salvo que as ordenanzas específicas dos distintos tributos establezan o contrario, o prazo para a presentación e pago das autoliquidacións será dun mes. Este prazo comeza a contabilizarse:

-Para os tributos derivados dunha autorización de uso do dominio público, dende a data da notificación da resolución que corresponde á citada autorización.

-Para os tributos derivados da prestación dun servizo, dende a data de solicitude do dito servizo.”

A disposición derradeira queda redactada como segue:

"A redacción da presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro do 2012 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Enlace relacionado