noticia

PROGRAMA PARA A CONFORMACIÓN DE CONSORCIOS DE EMPRESAS PARA ACCEDER A LICITACIÓNS INTERNACIONAIS

08/11/2012


A través do Servizo de Licitaciones Internacionales (SALT) promovido pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), estase a lanzar un Programa de Apoio Integral á Conformación de Consorcios 2012-2013 que inclúe formación e acompañamento individualizado ás empresas participantes no mesmo durante o proceso de conformación de consorcios para presentarse conxuntamente a unha licitación internacional específica. Serán seleccionadas un máximo de 15 empresas para participar neste programa que desenvolverá as súas actividades ata maio de 2013.

Logo da selección das empresas, terá lugar unha xornada de presentación, previsiblemente a finais de novembro de 2012, onde se darán a coñecer as oportunidades sectoriais identificadas en relación coas empresas seleccionadas.

Seguidamente terán lugar os talleres formativos por consorcio/sector e posteriormente unha fase de tutela, consistente nun acompañamento on line, telefónico e presencial para a conformación real do consorcio. Nesta fase, as empresas seleccionadas disporán dunha consultoría especializada á que podrán recorrer para solventar todas as cuestiones relacionadas coa conformación do consorcio.

As empresas interesadas en participar neste programa deberán cubrir e enviar os Anexos II e III das bases á dirección de correo electrónico info@salt.ceg.es ou por fax ao número 981 555 882.

Información adicional: 981 555 888

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de novembro de 2012.

Industria 4.0


Apoyo Emprendimiento


Activate en el centro


Ruta Construcción Naval


Próximos eventos

no hay eventos próximos

Próximos cursos

no hay cursos próximos

Plan Ferrol

Contacto

Teléfono:
981 333 322
Fax:
981 358 544
Email: